Arzúa cidadán

Casa de Rafael de Mariño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Casa de Rafael de Mariño destaca pola súa forma construtiva, xa que se asemella ás vivendas de principios do século XX.

De fábrica de pedra e ladrillo, a fachada principal, orientada ao norte, destaca pola alternancia de vans, cunha perfecta simetría entre a planta baixa e o primeiro andar. Na primeira planta son de salientar os balcóns de ferro forxado, así como o de formigón da fachada oeste.

Na actualidade está deshabitada e atópase no mesmo entorno do Cruceiro de Santiago de Boente e da fonte da Saleta.

Seguindo pola pista que vai por detrás desta casa hai unha pequena casa que foi escola da parroquia.

Ferramentas persoais