Covas de Remesil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As covas de Remesil datan da idade do ferro. Trátase de dúas bocas de entrada que distan entre si sobre oito metros, a primeira orientada ao oeste e a segundoa ao suroeste.
Observacións
Esta cova tamén é coñecida como a cova do morto, por unha historia que ten asociada. Fai uns cincuenta anos a Garda Civil, axudada por uns veciños, sacaron morto, da sala grande, a un veciño de Branzá. Tratábase de Pepe Perito, que se escondera a causa dun asasinato que cometera por un enfrontamento que habia entre a súa familia, a dos Peritos e a dos Meroches.
Como chegar
Desde a Casa do Concello hai que percorrer nove quilómetros a estrada Arzúa - Vila de Cruces, a CP-0601. Unha vez que se chega á parroquia de Dombodán (sinalizada), collemos o cruce á dereita que indica cara a Remesil e cara a Trasbar. Antes de entrar na aldea de Remesil temos que coller unha pista de terra a man dereita, despois dunha granxa.
