Arzúa cidadán

Cruceiro do Viso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cruceiro do século XIX labrado nunha única talla. Trátase dun dos exemplos máis fermosos desta tipoloxía que hai no Concello de Arzúa e atópase no entorno da Casa Grande do Viso, á que pertence. Andrés García Fuentes, coéngo que o encargou, quixo facer tamén na zona unha capela, máis non a chegou a ver por sorprendelo a morte. Este ben está incluído dentro do sendeiro do Val do Iso promovido polo Concello de Arzúa.

Características

Álzase sobre tres chanzos de laxas de pedra, con pedestal cúbico e coas esquinas superiores en chafrán. O varal é cilíndrico e o capitel troncocónico, con colar, volutas, decoración vexetal e un anxo en cada cara. A cruz representa a Cristo desencravado con San Francisco no anverso e a Virxe co neno, sobre media lúa e dous anxos, no reverso. A escena que se representa no anverso está baseada nun cadro de Murillo que se atopa no Museo Provincial de Belas Artes de Sevilla.

Ferramentas persoais