Arzúa cidadán

Demografía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A situación xeográfica de Arzúa, como a de outros moitos concellos do interior, condiciona a súa evolución demográfica, trazada en termos negativos dende a década dos sesenta e considerablemente envellecida (o 27% ten máis de 65 anos).

Logo de que o municipio superase a cifra dos 10.000 habitantes nos anos corenta e cincuenta, os sesenta comezaron a anunciar unha sangría (provocada polo abandono do campo e polas diferentes vagas de emigración cara ás cidades máis industrializadas) que deixou ao concello con pouco máis de 9.000 habitantes ao inicio da década dos setenta, e con menos de 7.000 en todas as que seguiron.

O efectivo demográfico arzuán, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (2006), é hoxe de 6.532 habitantes e a súa densidade de poboación de 42 persoas por quilómetro cadrado.

En canto á distribución territorial dos arzuáns, o 39% deles vive na capital municipal e o 61% restante no medio rural. Das 21 parroquias que conforman este último, a menos habitada é Tronceda, con 45 veciños, e a máis Santa María de Arzúa, que suma 336, en boa medida pola súa proximidade á vila.


Poboación de feito dende 1900 ata 1991
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991
9.036 8.708 8.722 8.743 10.396 10.754 10.470 9.064 6.999 6.932
Fonte: INE


Poboación de dereito dende 1986 ata 1995
1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995
7.364 7.376 7.378 7.358 7.292 7.016 6.982 7.024 7.041 7.011
Fonte: INE


Series de poboación dende 1996
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
7.014 6.947 6.896 6.886 6.832 6.776 6.676 6.632 6.602 6.532
Fonte: INE
Ferramentas persoais