Arzúa cidadán

Dombodán (San Cristovo)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 305 habitantes, dos que 146 son homes e 159 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 19 os lugares de Dombodán (San Cristovo).

As festas patronais celébranse os días 30 é 31 de xullo. O primeiro domingo de setembro ten lugar a romaría do Viso na capela do Viso, situada na cima do Coto do Viso, na que os romeiros e romeiras veñen pedir para que non lle entre o gurgullo ao gran e tamén por un bo parto.

A maiores da igrexa parroquial San Cristovo de Dombodán destacan, dentro do patrimonio artístico desta freguesía, as covas de Remesil, o cruceiro de Dombodán, a fonte-lavadorio de Hortas, o muíño de Ponte San Xusto, etc...

Nesta parroquia atópase tamén o Museo Vivente do Mel, coñecido tamén como o Enredo do Abelleiro.

Ferramentas persoais