Arzúa cidadán

Encoro de Portodemouros

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Encoro construído a finais dos anos 60 do século XX no río Ulla, entre os concellos de Arzúa, na beira da provincia da Coruña, e o de Vila de Cruces, no lado da de Pontevedra. Na mesma data construíuse tamén unha central hidroeléctrica que é propiedade de Unión Fenosa, unha presa de máis de 90 metros de altura e un encoro con capacidade para 297 hectómetros cúbicos.

A súa construción supuxo importantes perdas, sobre todo a nivel histórico-artístico, xa que debaixo das súas augas desapareceron varias aldeas e numerosos bens patrimoniais.

Na zona habilitouse unha área recreativa que dispón dunha serie de construccións e instalacións susceptibles de ser empregadas para actividades deportivas (sobre todo de auga). Entre elas pode citarse un albergue, un pañol (caseta para gardar material náutico), posto de vixilancia, varios embarcadoiros (para kaiak, piragüismo...). A maiores, existe tamén un amplo merendeiro e cabe a posibilidade de empregar o ferry que vai a Santiso e Vila de Cruces.

Ferramentas persoais