San Pedro de Mella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A primitiva igrexa de San Pedro de Mella databa do século XIII, pero sufriu varias modificacións nos séculos XVIII e XIX. Sen embargo, conserva varios restos románicos como algúns canzorros nos muros norte e sur -o último deste lado está figurado-; un Agnus Dei de pedra sobre a ousia; unha porta con dintel sobre mochetas; ou o arco triunfal do interior.
A súa fábrica é de cachotería, encalada en branco, con cantería en portas, ventás e portada. Esta remata cunha espadana de pedra, de dous vans. A cuberta é a dúas augas con tella do país sobre láminas de fibrocemento ondulado.
Ten planta lonxitudinal e cabeceira cuadrangular destacada en planta e en alzado. O exterior organízase en tres niveis de altura diferentes.
O interior
Presenta unha única nave con chan de cemento -elevado logo dunha reforma- e o coro e o teitume de madeira. O retablo maior era de madeira, pero retirouse no ano 1999, conservando na cabeceira as tres imaxes que tiña e na sancristía o sagrario. Os retablos que si hai aínda son dos do Carme e o das Dores, datados so século XVIII.
Observacións
O tellado foi reformado no ano 2003. Anteriormente a sancristía estaba situada nun lateral da igrexa, ata que foi trasladada á zona de detrás da cabeceira.
