Arzúa cidadán

Fervenza de Santa Marta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nome co que se coñece tamén a Fervenza das Hortas e que recibe por mor dunha lenda que conta a historia dunha rapaza que ía ao muíño e que quedou embarazada do seu mozo. O rapaz díxolle que non a quería e, nunha noite de muiñada, empuxouna pola fervenza. Mentres caía, a moza dixo Santa Marta me vaia! e un carballo que había na fervenza parou milagrosamente a súa caída salvándolle a vida.

Ferramentas persoais