Arzúa cidadán

Festa do Queixo de Arzúa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Agrandado

Esta festa de exaltación do Queixo de Arzúa celébrase de xeito continuado desde o ano 1975. A primeira fin de semana do mes de marzo é a escollida para este evento, que conta cada ano cunha programación moi variada que acolle múltiples actividades culturais, ademais das gastronómicas: música, queixo, folclore, humor e gastronomía. A Festa do Queixo de Arzúa do 2007 trouxo música para todos os gustos: La excepción, Macaco, Dios ke te Crew,Son de seu e Treixadura. Esta festa é de grande importancia para a comercialización do Queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, con todo os días 8 e 22 de cada mes teñen lugar os mercados periódicos do concello, que contan cunha gran afluencia de xente de toda a comarca.

Programas de anos anteriores

Ferramentas persoais