Festa do Queixo de Arzúa 2004
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cartel das actuacións da XXIX edición da Festa do Queixo de Arzúa, e máis concretamente o do Festival do Queixo, tivo como actuacións máis destacadas no ano 2004 as dos grupos Ojos de Brujo, Violadores del Verso e Nilo MC. Isto foi a noite do sábado porque na do domingo a cita foi coa música folk. Actuaron os grupos galegos Treixadura e Leilía, que compartiron escenario co grupo vasco Oskorri.
