Festa do Queixo de Arzúa 2005
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para conmemorar a XXX edición da Festa do Queixo, que se celebrou os días 5 e 6 de marzo, organizouse unha exposición gráfica que repasou as tres décadas de traxectoria deste certame ao longo da súa historia e a súa evolución ata consolidarse como unha das festas de exaltación gastronómica de maior proxección da xeografía galega.
Baixo o título 30 anos da Festa do Queixo sobre un centenar de fotografías os arzuáns puideron lembrar, entre outras moitas cousas e sobre un centenar de fotografías, a presenza nesa festa de pregoeiros como Agustín Sixto Seco, Xosé Ramón Fandiño ou Avelino Pousa Antelo, entre outros; os diferentes carteis de presentación do evento; as actuacións musicais que pasaron polo Festival do Queixo, etc...
No que respecta á música e aos espectáculos de rúa este foi o cartel da XXX Festa do Queixo:
- Venres 4 de marzo: Noite de Ruada (cantigas populares)
- Rondalla Moraima de Arzúa
- Mini e Mero. Cantigas de Cego
- Fol de Veneno
- Sábado, 5 de marzo:
- Fredi. Circanelo. Espectáculo de malabares e acrobacias.
- Charanga Os Kilomberos de Monte Alto.
- XXX Festival do Queixo.
- Kiko Veneno
- Orishas
- The Sunday Drivers
- Domingo, 6 de marzo:
- Pasarrúas. Banda de Música de Arzúa.
- Pasarrúas. Banda de Gaitas Castro Curbín.
- Pasarrúas. Grupo de Gaitas Bico da Balouta de Agolada.
- Pasarrúas circense. Troula Animación (zancudos, malabares e percusión).
- Monicreques Viravolta: Mantas non son cobertores
- Maxia Sha Sha (Lugo): Cousas que pasan
- Quempallou
- Xosé Manuel Budiño
