Arzúa cidadán

Festa dos Botes

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A festa dos botes é unha das máis antigas da comarca e a súa celebración remóntase aos anos corenta, cando un grupo de mozos arzuáns decidiu crear a súa propia romaría popular para suplantar as luces e bandeiras de festa tradicionais por latas, tixolas, potas e outros enseres.

Houbo épocas nas que estivo prohibida, por exemplo nos anos cincuenta, pola intervención da igrexa, mais nos oitenta volveuse a recuperar. Esta celebración inclúe o concurso de lanzamento de pucheiros, a solta de vaquillas polas rúas da vila e o xogo da moca (adaptación etílica do popular xogo da oca), así como a organización dun festival folk-rock no que grupos do paronama musical galego comparten cartel con outros foráneos.

Ferramentas persoais