Figueiroa (San Paio)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 73 habitantes, dos que 37 son homes e 36 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 8 os lugares de Figueiroa (San Paio).
Ademais da igrexa de San Paio de Figueroa, do século XVII e construída en cachotería e de planta basilical, esta parroquia conta con outro edificio destacado: a casa Grande de Figueroa ou Pazo do Curro, edificio do século XVII, con planta en forma de L, dous andares e faiado que pertenceu á familia Sánchez Varela, o escudo da mesma pódese contemplar na fachada principal.
Destacan tamén o cruceiro de Figueiroa, a fonte de San Paio do Curro de Figueiroa, a igrexa parroquial de San Paio de Figueiroa, o lavadoiro de Outeiro de Abaixo, ou o pombal da Casa Grande de Figueiroa.
