Fonte do Francés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fonte de cano de pedra con dúas zonas diferenciadas. Por unha parte ten unha pía cadrada con cano de pedra incrustado no muro e polo outro presenta unha pía cadrada, máis grande, cun nivel inferior e apoiada no chan. Está pechada por tres dos seus lados con muros de cachotería.
Está situada no Camiño Francés de Santiago, saíndo do casco urbano cara as Barrosas, á beira da calzada.
Anteriormente existía no mesmo lugar unha fonte de pedra que se desfixo coa apertura dunha pista. As súas pedras desapareceron e a construción actual foi realizada, onde estaba esta, en 1993.
