Arzúa cidadán

Hórreo de Andrés Agra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hórreo mixto situado no entorno da capela de San Bieito ou Santa Marta e da Cruz da Riba.

Presenta estrutura de pedra e madeira e, do seu conxunto, destaca especialmente un dos seus penais, realizado tamén en pedra e con cuberta a dúas augas de tella do país, con cruz e pináculo nos pinches. Érgese sobre un celeiro de cachotería revestido de cemento e cunha mesa corrida como tornarratos. O acceso realízase mediante unhas escaleiras de laxas de pedra situadas no penal.

Ferramentas persoais