Arzúa cidadán

Hórreos de José Mosquera en Fruzo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estes tres hórreos están situados nas terras que ten a familia Mosquera en Fruzo e corresponden a dúas tipoloxías diferentes.

O hórreo de maiores dimensións responde ao tipo pino (por presentar características propias dos hórreos do concello veciño do Pino) e presenta planta rectangular con estrutura de cachotería e madeira. Chama a atención o seu acceso, que se fai a través dunhas longas escaleiras de pedra, e o porche da fachada.

Os outros dous hórreos son de menores dimensións e responden á tipoloxía denominada palleira. A estrutura de ambos é de madeira; o tellado é voado e a dúas augas, con tella do país nun e láminas de fibrocemento no outro. Ambolos dous se erguen sobre dúas cepas de gran altura e presentan tornarratos (un de pedra e outro de bloques).

Ferramentas persoais