Historia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
Historia
Introdución
A presenza humana máis antiga na zona correspondente ao actual concello de Arzúa pode encadrarse en época castrexa, daquel momento consérvase como testemuña o Castro de Calvos na parroquia de Calvos do Camiño. De posíbeis asentamentos romanos pouco se sabe, aínda que a Xeografía Universal de Ptolomeo menciona unha Araduca, que podería ser a actual Arzúa.
O século XI dáse como data certa para a orixe da vila, moi ligada ao Camiño de Santiago. O camiño francés entra en Arzúa pola parroquia de A Castañeda (Santa María), continúa pola ponte medieval de Ribadiso. Relacionados coa peregrinaxe consérvanse edificios e restos arqueolóxicos, como o convento agostiño da Madalena - que contaba cun hostal para peregrinos – fundado no século XIV, ou a fonte Santa, da que se decía que as súas augas tiñan poderes curativos para as doenzas do fígado.
A grande cantidade de casas e pazos señoriais son testemuñas do ascenso da burguesía en Época Moderna, sobre todo no século XVII, entre as que hai que salientar o Pazo de Sedor, en A Castañeda; o Pazo de Figueroa; o Pazo de Rosende en Calvos de Socamiño; o Pazo de Santo Estevo de Campos; ou a Casa de Orxal, un edificio de arquitectura barroca, localizado tamén en Calvos de Socamiño.
O edificio máis senlleiro da comarca é, sen dúbida, o Castelo de Fruzo, declarado Ben de Interese Cultural non ano 1994. Xa entrados o século XIX a comarca arzuá foi testemuña dos enfrontamentos entre liberais e absolutistas que tiveron lugar na segunda década do século para reinstaurar o Absolutismo, e durante a Primeira Guerra Carlista (1834-1839) o concello de Arzúa foi un dos que mobilizou algunhas das partidas máis activas. Durante o Antigo Réxime as parroquias do actual concello de Arzúa pertencían á provincia de Santiago nas xurisdicións de Abeancos, Arzúa, Bendaña, Boente, Melide, Mesía, Oíns, Dombodán e o Xiro da Rocha. Non sería ata o 1836 cando se formase de xeito definitivo o Concello de Arzúa tal e como o coñecemos hoxe, e adscrito á provincia de A Coruña.
Prehistoria
Historia Antiga
Historia Medieval
Historia Moderna
Historia Contemporánea
Arzúa e o Camiño de Santiago
O Camiño Francés cara a Compostela cruza o concello de Arzúa de leste a oeste é e a décimo terceira parada do mesmo e o derradeiro descanso antes de chegar a Compostela. Entra esta parte do camiño pola parroquia de Boente (Santiago) onde se atopa a Fonte da Saleta, e a continuación está a parroquia de A Castañeda (Santa María), recollida no Códice Calixtino como Castaniolla. Cando sae de A Castañeda o Camiño conduce caa ao río Iso, e logo de cruzalo pola súa ponte medieval, chégase a Ribadiso, onde se atopa un dos albergues de concello; o outro está na vila de Arzúa xunto á capela da Madanela.
A orixe da peregrinaxe á Compostela data de época medieval, cando cristiáns de moitos lugares do mundo achegábanse a Santiago para visitar a tumba do Apóstolo descuberta no século IX.
Aínda que o camiño máis coñecido é o francés, en Arzúa hai vestixios do antigo Camiño do Norte, que entraba pola parroquia San Pedro de Mella, e cruza a de Santa María de Viladavil e Santa María de Arzúa, encontrándose co Camiño Francés no casco urbano.
Arte e arquitectura de Arzúa
Arquitectura relixiosa
Á beira do Camiño de Santiago levantouse no século XIV un convento agostiño, do que hoxe só se conserva a Capela da Madalena. Unha construción sinxela de nave rectangular e cunha porta de arco semicircular na fachada; aínda que a meirande parte da capela é de manpostería popular, conserva elementos de canteiría de orixe románica. No seu interior pódese contemplar o sepulcro de Alonso de Muñiz, señor do Pazo de Brates, cofundador do templo xunto aos frades Bartolomé de Taide, Pedro de Somogas e Bartolomé Lema lembrados nunha inscrición no presbiterio.
Capela construída por orde de Domingo de Cea ao seu regreso de Cuba no século XVII. A súa planta é rectangular e ten un pequeno soportal que mestura pedra e madeira, e un retablo maior de estilo rococó.
- San Cristovo de Dombodán
- Santa María de Castañeda
- San Vicenzo de Burres
- Santa Locaia de Branzá
- San Pedro da Mella
- Santiago de Boente
Arquitectura civil
Esta edificación pacega, antiga fortaleza militar, localízase na Parroquia de Oins (San Cosme). Está construída en cachotaría e cantaría nas esquinas, e destaca na súa portada o escudo dos Giráldez baixo a cornixa e a moldura barroca da súa entrada, do século XVIII. As sucesivas reformas polas que pasou o edificio fíxolle perder a súa metade dereita.
