Arzúa cidadán

Igrexa de San Paio de Figueroa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Igrexa construída en 1783 en substitución doutra románica do século XII que había no lugar.

Ten planta lonxitudinal cun engadido na fachada norte e presenta fábrica de cachotería encalada en branco. A cuberta é a dúas augas, de láminas de fibrocemento ondulado e tella do país. A portada remata cunha espadana de pedra de dous vans con dúas campás que datan, respectivamente, de 1896 e 1939.

Prsenta unha única nave, con arco de medio punto que a separa do presbiterio, chan de terrazo e coro e teitume de madeira.

O retábulo maior é de estilo barroco, ao igual que os de San Alberto e da Virxe do Carme.

A igrexa ubícase no entonro do monte do Castro, onde hai un castro sen escavar, e ten un reloxo de sol na fachada suoreste.

O tellado foi reformado en 1984 e, daquela, foi necesario alzalo uns 0,60 metros para nivelar a igrexa na zona da cabeceira.

Ferramentas persoais