Lema (San Pedro)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 218 habitantes, dos que 108 son homes e 110 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 9 os lugares de Lema (San Pedro).
Un dos lugares máis fermosos da parroquia é a carballeira da Fonte Santa xunto ao río Carracedo - afluente do río Iso – no que se sitúan a capela da Fonte Santa, a súa cruz, a fonte, o muíño da Fonte Santa, que aínda funciona.
Hai interesantes hórreos en Lema, como son o horreo da casa de Carreira, o hórreo da Casa de Castro, o hórreo da casa de fontes de Lema de Abaixo, o hórreo da casa de fontes de Pastoriza a Vella ou o horreo da casa grande de Mexuto.
Destaca tamén o pazo de Magolán, que conserva un pequeno escudo de gran valor histórico.
