Muíño do Prado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Muíño que é propiedade de José Golán Pazos e que está situado xunto o prado do mesmo nome, a carón do río Mera.
A construción, que se conserva en moi bo estado, ten tipoloxía de cubo e a súa fábrica é de cachotería, con cantería no enmarcado da porta e cuberta a dúas augas de laxas de pedra. Ten pousadoiro xunto á porta, na fachada oeste.
Este muíño deixou de funcionar a finais dos anos oitenta ou comezos dos noventa do século XX, ao igual que outro que hai na mesma aldea, coñecido como o da Pena. Este último traballábase por pezas entre unhas doce familias do lugar que eran as propietarias do mesmo.
