Arzúa cidadán

Paleta de tenreira rechea de queixo de Arzúa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ingredientes

  • 1 quilo de paleta de tenreira
  • 3 pans de tamaño pequeno
  • 1 cebola
  • 300 gramos de cogomelos
  • 60 gramos de manteiga
  • 60 gramos de pirixel
  • 2 dentes de allo
  • 100 gramos de touciño en tiras
  • 50 gramos de queixo D.O. Arzúa-Ulloa
  • 2 ovos
  • 1 vaso de viño branco
  • 2 cenorias
  • 1 vaso de tona líquida
  • 400 gramos de patacas pequenas


Preparación

Remollalos pans en auga e picala cebola e os cogomelos en cadrados pequenos que hai que saltear nunha tixola lentamente, engadíndolle tamén o pirixel e o allo picados. Pouco despois engadirlle tamén o queixo, os ovos e a tona líquida. A continuación estender a paleta, poñerlle o touciño en tiras dentro e enchelo coa mestura anterior. Pechar a paleta, cosela e introducila no forno botándolle antes sal e pementa e engadíndolle tamén as verduras cortadas en dados grandes, o viño branco e un pouco de auga. Asar no forno durante 1 hora.

Consellos

Coas patacas o mellor e lavalas e asalas á parte pois precisan menos tempo.

Ferramentas persoais