Arzúa cidadán

Pazo de Fonte da Vila

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O pazo de Fonte da Vila, tamén coñecido coomo Casa da Torre, é propiedade da familia Barreiro.

Presenta planta rectangular, con fábrica de cachotería e cantería enmarcando portas e ventás, e cuberta a catro augas con tella do país. Destaca a fachada, coa porta enmarcada con molduras, que tamén aparecen en varias ventás. Atópase en estado semirruinoso, pero en proceso de rehabilitación.

O pazo tivo capela, ubicada onde está hoxe a casa escola e cuxas pedras, ao parecer, foron levadas polos veciños/as do lugar. O seu escudo conserváse na fachada da casa grande de Maroxo, situada a poucos metros.

O pazo, no que destaca a gran cheminea, ten un alpendre e un hórreo, conservando tamén as cepas doutro.

Ferramentas persoais