Arzúa cidadán

Pazo de Pumar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pazo de estilo barroco herdado por Alfonso Saavedra. Presenta planta rectangular con fábrica de cantería encalada en branco. A fachada leste ten unha solaina con balconada de ferro e escaleira de pedra que dá acceso ao xardín. Na fachada sur hai unha galería contemporánea de cemento con ventás de aluminio.

A cheminea é monumental, con fábrica de cantaría e ornamentada con catro pináculos.

Como chegar

Partindo da casa do concello cara Melide, pola estrada N-547, aparece o pazo de Pumar a uns cinco quilómetros á man dereita, á beira da calzada e despois da encrucillada cara Sedor.

Observacións

Hai que destacar a famosa cama do Picante, situada no vestíbulo da casa. Esta consiste nun caixón de madeira, onde se atopaban as parellas, previa cita concertada polo picante.

Tamén teñen unha fonte de pedra de tres pías no patio de entrada; un gran hórreo, situado na fachada sur; o pombal de Pumar, no centro da finca; e amplos xardíns, ubicados na fachada leste.

Ferramentas persoais