Ponte de Ribadiso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ponte de estilo gótico tardío que data aproximadamente do século XII e que está considerada como a máis antiga do concello de Arzúa.
Presenta unha base de cachotería con arco de medio punto de cantería e calzada de granito que é froito dunha reforma actual, xa que perdera as lousas de pedra orixinarias. O seu peitoril é de bastante altura para as dimensións da ponte e tamén está realizado con granito.
Para chegar a ela hai que saír de Arzúa con dirección a Melide pola estrada N-547 e, a uns dous quilómetros a man esquerda coller o desvío que vai a Rendal ata atopar o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadiso. Despois do albergue do mesmo nome está a ponte, no punto quilométrico 42 do Camiño Francés de Santiago.
Este ben está incluído dentro do sendeiro do Val do Iso, promovido polo Concello de Arzúa.
