Arzúa cidadán

Queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este produto artesán prodúcese en todos os concellos da comarca Arzúa-Ulloa: Arzúa, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vilasantar (na provincia da Coruña) e Friol, Monterroso e Palas de Rei (na provincia de Lugo), que son os mesmos lugares de produción do leite.

Foi no ano 1989 cando o Queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa recibiu tamén a denominación de Produto Galego de Calidade. O tamaño das pezas deste queixo están entre os 0.5 a 3.5 quilos, e ademais da súa variante cremosa – máis frecuente - , prodúcese queixo Arzúa-Ulloa Curado.

O Queixo de Arzúa ten forma lenticular ou cilíndrica, unha codia fina e elástica e unha pasta amarela pálida, caracterizada por un aroma lácteo, cuns toques de vainilla, nata e noz de intensidade feble. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.

Ferramentas persoais