Rendal (Santa María)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 287 habitantes, dos que 144 son homes e 143 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 16 os lugares de Rendal (Santa María).
Un dos lugares máis espectaculares de Rendal é a área recreativa de Ribadiso, a carón do albergue de Ribadiso, un dos máis fermosos do Camiño Francés.
Ademáis da igrexa parroquial de Santa María de Rendal, entre o seu patrimonio artístico cómpre mencionar a casa grande de Trigás, o cruceiro de Rendal, a fonte-lavadoiro de Ribadiso, o lavadoiro de Traseirexe, o muíño Roucho, o pazo de Bascuas, a ponte de Ribadiso ou a ponte do Gato, entre outros moitos exemplos.
O 31 de outubro celébrase en Rendal a festa das Castañas.
