San Pedro de Vilantime
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Igrexa do século XIX de planta lonxitudinal e nave con dous arcos de medio punto que a dividen en tres tramos, o último deles separando esta do presbiterio.
Presenta fábrica de cachotería encalada en branco (con cantería nas portas, nas ventás e nos dinteis) e cuberta a dúas augas con láminas de fibrocemento ondulado e tella do país. O chan é de terrazo e a teitume e o coro de madeira. Con respecto a este último destaca na fachada norte unha escaleira con balaustrada de pedra pola que se accede a el.
A súa portada, de estilo ecléctico, está dividida en tres corpos e remata con dous pináculos e unha espadana de van único (tamén con pináculos e unha cruz).
O retábulo maior é do século XX, de estilo neoclásico, e o da Inmaculada é do século XVIII, de estilo rococó. O do Carme, do mesmo século, é de estilo barroco.
