Arzúa cidadán

San Queremos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A parroquia de San Pedro de Vilantime organiza esta festa dende 1998 e en 2007, ano no que cumpre a súa novena edición, terá lugar o sábado 18 de agosto.

Un grupo de mozos/as da parroquia decidiron a finais dos anos 90 enriquecer o santoral cun novo santo patrón. Logo da pregunta "¿Que queremos?" a resposta, na que coincidiron todos e todas foi "festa", polo que o verbo se fixo santo.

Na festa, o maior protagonista acaba sendo o sacho, utensilio de labranza co que os/as "arreboladores/as de sacho" desputan o Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.

Ferramentas persoais