Arzúa cidadán

Santo Estevo de Pantiñobre

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O templo de Santo Estevo de Pantiñobre ten planta basilical e unha capela adosada na fachada norte. Data de finais do século XVIII e foi reformada en varias ocasións.

Presenta fábrica de cachotería encalada en branco e con cantería nas esquinas, nas ventás e nas portas. A portada remata cunha espadana de pedra de dous vans.

Interior

Ten nave única con chan de baldosa e teitume de cemento armado, en forma de bóveda. Esta sostense por dous arcos de medio punto de cantería, situados á altura do presbiterio e na metade da nave. O acceso á capela de San Antonio realízase a través dunha arcada de cemento armado.

En canto aos retábulos, o maior data do século XVIII. O da Virxe do Carme é do século XIX, de estilo neoclásico, igual que o da capela de Santo Antonio. Finalmente, o do Sagrado Corazón de Xesús, que data do século XX, é de estilo neogótico. Este último, segundo a información recollida por Aureliano Pardo Villar no ano 1935, puido ser realizado polo carpinteiro arzuán Fernán da Barreira.

Ferramentas persoais