Tronceda (Santa María)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 45 habitantes, dos que 20 son homes e 25 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 2 os lugares de Tronceda (Santa María).
A igrexa parroquial de Santa María de Tronceda é do século XVIII.
As festas desta parroquia son o 15 e 16 de agosto (este último dedicado ao Corpus).
