Cultura, Deporte, Educación: Subvencións
03/05/2007 00:00 As entidades arzuás de carácter educativo, cultural e deportivo sen ánimo de lucro que desexen solicitar algunha das axudas que a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado día 10 de abril de 2007poden facelo presentando as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (xoves día 3 de maio de 2007). O prazo remata o día 2 de xuño.