Calendario de prazos administrativos
A web do Concello de Arzúa achega a posibilidade de descargar as ordenanzas e taxas abaixo nomeadas desde a súa páxina web:
- Servizos da aula de informática: Ordenanza reguladora do prezo público polo uso dos servizos da aula de informática do concello.
- Imposto de bens inmobles: Ordenanza que marca o gravame que o concello lle imprime aos bens de natureza urbana, rústica e a aqueles con características especiais.
- Taxas por ocupación de terreos de uso público: Ordenanza fiscal que regula as taxas pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e pola reserva da vía pública para aparcadoiro ou carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
- Taxas por prestación de servicos no conservatorio profesional de música: Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos no Conservatorio Profesional de Música público dependente do concello, así coma da Escola Municipal de Música
- Taxas por expedición de documentos administrativos: Ordenanza fiscal reguladora das taxas aplicables a toda clase de documentos e expedientes que facilite a administración.
- Taxas por prestación do servizo de gardaría municipal: Ordenanza fiscal que regula o pago de taxas pola asistencia aos menores admitidos na gardería municipal. pdf Imposto sobre actividades económicas.
- Ordenanza fiscal reguladora sobre a aplicación do IAE e os coeficientes que ponderan a situación física e as bonificacións de dito imposto no concello.
- Taxas por licenzas de apertura: Ordenanza fiscal que regula técnica e administrativamente que os establecementos industriais e mercantís cumpran as condicións esixidas de tranquilidade, sanidade, salubridade, etc.
- Taxas por licenzas urbanísticas: Ordenanza fiscal encargada de verificar se os actos de edificación e uso do solo e o subsolo están suxeitos á licenza municipal.
- Taxas por recollida de lixo: Sobre a prestación do servizo de recepción obrigada de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais nos que se realicen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos. pdf
- Imposto sobre instalacións, construcións e obras: Establécese como feito impoñible a realización de calquera desas actividades que esixa a obtención de licenzas de obra ou urbanísticas.
- Ocupación de subsolo, solo e voo de vía pública: Imposto que grava sobre a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público (solo, subsolo e voo da vía pública) con tarifas segundo o tipo de ocupación. pdf
- Taxas por utilización de pavillóns polideportivos: Ordenanza fiscal reguladora para a prestación de servizos derivados do uso das instalacións polideportivas.
- Taxas polo servizo da piscina municipal climatizada: Ordenanza fiscal reguladora das taxas derivadas pola prestación do servizo derivado do uso da piscina climatizada e destinadas ao seu mantemento.
- Taxa polos servizos da liga de fútbol sala: Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de piscina municipal e da liga local de fútbol sala.
- Taxas sobre postos ambulantes en terreos públicos: Ordenanza fiscal reguladora da taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreos de uso público e industrias rueiras e ambulantes. pdf
- Prezos da publicidade na radio local: Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola emisión de publicidade na emisora de radio local á que están obrigados todos aqueles cidadáns que se beneficien dese servizo. pdf
- Taxas polos servizos de axuda a domicilio: Sobre a prestación básica dos servizos sociais de atención primaria dependentes do concello.
- Taxas da rede de sumidoiros: Ordenanza que establece as pautas de verificación para saber se se dan as condicóns necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros e que establece a prestación do servizo de evacuación e depuración.
- Taxas pola subministración de augas.
- Taxa pola subministración de auga e conservación de contadores e acometidas que establece como feito impoñible o uso doméstico, industrial e para obras.
- Taxas pola ocupación de terreos públicos con fins lucrativos: Ordenanza fiscal que establece o prezo por metros cadrados para a ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.
- Imposto sobre o valor de terreos urbanos.
- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica: Tributo directo que grava a titularidade dos vehículos de tracción mecánica.
- Taxas sobre reservas de vía pública: Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, desentullos, argolas, andamios e outras instalacións análogas.