Arzúa cidadán

Centros Socioculturais

Existen en Arzúa unha serie de centros socioculturais que acollen a maioría das actividades de lecer, culturais ou formativas desenvolvidas no municipio. Algúns destes locais, pertencentes ao Concello, están equipados coas últimas tecnoloxías e permiten a realización de eventos destinados a un gran número de espectadores. Moitas das parroquias dispoñen ademais de locais sociais que actúan en ocasións como sede das diferentes asociacións arzuás.

  • Biblioteca Municipal de Arzúa
    Casa do Concello
    Rúa Santiago, 2. 15810 Arzúa

  • Edificio Centro Multiusos
    Nestes momentos as instalacións do Edificio Multiusos de Arzúa son as que centralizan a maior parte da actividade social e cultural do concello. Ás dependencias do Centro de Xubilados, do Salón de Baile, da Aula de Informática e de Radio Arzúa, que se atopan neste edificio, engadíronselle a finais de 2006 novos espazos.

    Trátase dunha serie de locais sociais cedidos polo Concello de Arzúa ás entidades que solicitaron no seu momento ter un espazo propio neste edificio: AMARAI, Asociación de Amas de Casa de Arzúa, Asociación de Mulleres Rurais de Arzúa, Sociedade Deportiva Arzúa, Agrupación de Defensa Sanitaria de Arzúa, Escolas Deportivas Arzuás, Cruz Vermella e a Asociación Cultural Ánxel Casal.

    Neste momento tamén se atopa no Multiusos a oficina comarcal de información do Sistema Galego de Atención á Dependencia e alí están tamén o local que vai ocupar en breve a Biblioteca Municipal de Arzúa e outro máis que se transformará proximamente nun local de ensaio para grupos musicais dotado dun estudo de gravación.

    Rúa Padre Pardo, 32. 15810 Arzúa

  • Casa da Cultura e Conservatorio de Música
    Os espazos da Casa de Cultura de Arzúa que se empregan con maior asiduidade son o auditorio, cuxa capacidade é de 170 prazas, e o local que serve como centro do Conservatorio de Música de Arzúa.

    Rúa Santiago, 69. 15810 Arzúa

  • Centro do Queixo
    Rúa Basilio Carril, s/n. 15810 Arzúa

  • Mercado Multiusos
    O Mercado Multiusos está estruturado en tres plantas e pensado para a celebración de acontecementos que precisan dun espazo de grandes dimensións. O soto serve habitualmente como zona de aparcamento e, de xeito provisional, estase empregando tamén como lugar de venta de produtos do campo nas feiras mensuais dos días 8 e 22 e como centro de acollida de grupos organizados de peregrinos.

    A primeira planta dispón dun espazo central amplo que se emprega para a celebración de grandes eventos (Festa do Queixo, Festival das Artes pola Biodiversidade, Feira do Libro, Festa do Entroido, Xuntanza dos Nosos Maiores...) e de dez casetas individuais pensadas para a venda de produtos comestibles. Nela atópanse tamén a oficina de recadación da Deputación da Coruña e a aula da Asociación de Minusválidos de Arzúa Apoio a Integración (AMARAI).

    Dos locais que hai dispoñibles no segundo andar emprégase habitualmente o que usa o grupo da Aula de Teatro Municipal Ánxel Casal para os seus ensaios e, de xeito ocasional, outro que se utiliza para exposicións. Neste último, o Concello de Arzúa, en base a un acordo alcanzado coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, instalará proximamente un telecentro de comunicación dotado de material informático e audiovisual.

    Padre Pardo, s/n. 15810 Arzúa

  • Local social de Boente
    Boente s/n-Arzúa

  • Local social de Brandeso
    Brandeso s/n-Arzúa

  • Local social de Branzá
    Branzá s/n-Arzúa

  • Local social de Burres
    Burres s/n-Arzúa

  • Local social de Campo
    Campo s/n-Arzúa

  • Local social de A Castañeda
    A Castañeda s/n-Arzúa

  • Local social de Dodro
    Dodro s/n-Arzúa

  • Local social de Dombodán
    Boente s/n-Arzúa

  • Local social de Lema
    Boente s/n-Arzúa

  • Local social de Maroxo
    Maroxo s/n-Arzúa

  • Local social de A Mella
    A Mella s/n-Arzúa

  • Local social de Oíns
    Oíns s/n-Arzúa

  • Local social de Pantiñobre
    Pantiñobre s/n-Arzúa

  • Local social de Rendal
    Rendal s/n-Arzúa

  • Local social de Santa María de Arzúa
    Santa María de Arzúa, s/n-Arzúa

  • Local social de San Martiño de Calvos
    Calvos s/n-Arzúa

  • Local social de Viladavil
    Viladavil s/n-Arzúa

  • Local social de Vilantime
    Vilantime s/n-Arzúa

  • Local social de Viñós
    Viñós s/n-Arzúa